28 feb 2013

ACERCASE A PRIMAVERA

 O manto amarelo das chorimas alegra o paseo no paraíso natural da Laxe. Un paseo relaxante na que a sensación de liberdade que experimentamos ao respirar o ar puro da serra do suído misturado con o ruído da auga do río e a a beleza natural da paisaxe é a mellor técnica de ralaxación.



1 ene 2013

Gracias e Feliz ano.


Finalizado o ano 2012 quero agradecer a todolos veciños, a súa colaboración en todas as iniciativas que teñen sido propostas para o beneficio da nosa aldea e que foron moi ben acollidas polos veciños da Laxe.

A Asociación Cultural Fillos da Laxe este último ano ten prestado a súa colaboración á Asociación de Veciños xa que a unión fai a forza e xuntos podemos. Colaboramos no pago de tasas ao Concello pola obra dos muíños, na venda de calendarios e camisetas, na organización da festa dos callos, na organización e difusión da festa dos muíños, na colocación de placas de señalización ás fervenzas...E todo isto non sería posible sen o apoio dos Veciños da Laxe. 

Quero agradecer en especial a Demis polo traballo artesanal de tallalas letras das placas, a Segundo que en nome dos veciños do Atallo (Airoa) prestou os paus do cierre para colocar as sinais das fervenzas; a Juan, que puxo o cemento e colocou as sinais xunto con Ricardo, que fixo tamén o traballo previo e adícalle o seu tempo xunto con Carmen Careiro en beneficio do noso pobo; a Antonio por comprar os calendarios que lle mandou de agasallo aos emigrantes que están no Brasil: aos veciños que por colaborar, en lugar dun calendario compraron tres ou catro, a José Manuel (marido de Ana), a Belén Villaverde, a Fernando Castro, que desinteresadamente, colaboraron axudándonos a servir os comensais na festa dos muíños; a Mariaconchia por estar sempre disposta a axudar no que faga falta, a Donila e Pepe Avión por ser sempre tan agradecidos   con o que facemos e colaborar en todo, a Alejandro Couto, que a súa casa está sempre aberta para coller todo o que necesitamos; en definitiva a todos os veciños que coa súa participación axúdannos a cumprir obxectivos que melloraran a nosa aldea. 

E por último dar as grazas toda a directiva da Asociación Cultural Fillos da Laxe, da Asociación de Veciños O Cruceiro e á Comunidade de Montes polo tempo que lle adican desinteresadamente a traballar polo noso pobo. 

Feliz Ano 2013


19 dic 2012

Fin do Curso de xabóns artesanais de Ana Leirós


Esta preciosa foto, sacada por Natalia, a filla de Elena pon fin a un curso de tres meses que pasou voando. Este é o noso grupo do curso de xabóns artesanais (Antonio, Paula, Ana, Donila, Elena, Belén, Carmen, Maricarmen, Sonia e Maruja). Faltan Sofía, Maricarmen e Elisa.
Terminamos cunha merenda para celebralo ben que o pasamos. Non faltou de nada.
Vamos botar de menos non estar xuntos na tarde dos sábados...